Saltar ao contido

Óso alveolar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maxilar superior esquerdo. Superficie exterior. (Proceso alveolar visíbel na parte inferior.)
Cartílaxes do nariz, vistos desde abaixo. (Proceso alveolar do maxilar superior visíbel na parte inferior.)

Denomínase óso alveolar ao óso dos maxilares que contén ou reviste as concas ou alvélos dentarios, nas que se sitúan as raíces dos dentes. É un óso fino e compacto con múltiplas e pequenas perforacións, a través das cales pasan os vasos sanguíneos, os nervios e os vasos linfáticos. Por tanto, óso alveolar é aquel óso xa sexa do maxilar superior ou da mandíbula que contén as raíces dos dentes.

Se fora posíbel mirar un cranio que estivera perdendo dentes, veríase que os ósos maxilares non son só planos óseos horizontais. Dentro do óso hai pequenos cráteres que marcan o lugar onde os dentes se insiren.

Estes espazos son os alvéolos, e as súas paredes chámanse procesos alveolares (na terminoloxía científica, latina, processus alveolaris maxillae). Conforme o dente vai saíndo a través da enxiva, o proceso alveolar desenvólvese ao redor dos dentes para axudar a sostelos dentro dos maxilares.

O óso alveolar é, por tanto, unha capa delgada que circunda a raíz dos dentes, manténdoos seguros contra as bacterias da xinxivite debido á inserción das fibras coláxenas do ligamento periodontal. Pode ser considerado como un tecido conxuntivo especializado mineralizado, composto basicamente por un 33 % de matriz orgánica e un 67 % de cristais de hidroxiapatita. Ademais de manter a estrutura dentária no arco, o óso alveolar tamén ten funcións de protección, locomoción e de reservatorio.

Xusto antes da mineralización, os osteoblastos inician a produción de vesículas de matriz. Estas vesículas conteñen enzimas, tales como a fosfatase alcalina, que axudam a iniciar a enucleación de cristais de hidroxiapatita. Estes cristais crecen e desenvólvense, formando nódulos óseos coalescentes, os cales, con fibras coláxenas en rápido desenvolvemento e desorientadas, son a subestrutura do óso lamelar e o primeiro óso formado no alvéolo. Máis tarde, a través da deposixión ósea, remodelación e secrción de capass de fibras coláxenas orientadas, o óso lamelar maduro queda formado. Os cristais de hidroxiapatita están xeralmente aliñados cos seus longos eixos paralelos ás fibras coláxenas.

O óso alveolar desenvólvese ao redor de cada folículo dentario durante a odontoxénese. Cando un dente deciduo (dente de leite) queda incluído, o óso alveolar reabsórbese. O dente permanente sucesor móvese para o lugar, desenvolvendo o seu propio óso alveolar a partir do seu propio folículo dentario.

A medida que a raíz dentaria se forma e os tecidos circundantes se desenvolven e madurecen, o óso alveolar fúndese co óso basal de desenvolvemento separado e os dous forman unha estrutura continua. A pesar de que o óso alveolar e o óso basal teñen orixes diferentes, ambos derivan da crista neural ectomesenquimal.

O óso basal da mandíbula inicia a mineralización na saída no nervio mentoniano dos forames mentonianos, mentres que o óso basal dos maxilares se incian na saída do nervio infraorbital do forame infraorbital.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Newman, Michael G.; Takei, Henry H.; Klokkevold, Perry R.; Carranza, Fermin A. (2014). Periodontia clínica, Carranza (11 ed.). Medellín (Colombia): Amolca. ISBN 9789588760841.